MosteirónEF&EDACE

Colpbol 18

LIGA COLPBOL 2018
• Os equipos serán mixtos e estarán formados por 7 xogador@s, (se nalgunha ocasión algún/a xogador/a non poidera participar poderase sustituir por outr@).
• Cada equipo elexirá un nome e terá un/ha capitán/a, que rotará en cada partido.
• As/os xogador@s numeraránse (a orde a decidirá a persoa capitana) e esa orde definirá a orden dos saques e a permanencia na portería (cada vez unha persoa distinta). (Do 1 ao 7 os saques e do 7 ao 1 o/a porteir@).
• Poñerase peto para os partidos.
• Nos partidos necesitaranse as figuras de: árbitrador@s e anotador@s que serán desenvoltos por xogador@s dos distintos equipos (elexid@s polas maestras de EF).
• As decisións arbitradas serán aceptadas por tod@s as/os participantes. Caso contrario suporá unha sanción ao equipo da/s persoa/s pertecentes e que infrinxiron a norma.

REGULAMENTO
• Os partidos durarán 12 minutos. Aos seis minutos cambiarase de campo.
• Poderase golpear o balón só coa parte superior do corpo, unha vez consecutiva por xogador/a. (Non empregar o puño)
• Ningún xogador/a pode golpear a pelota co pé excepto, exclusivamente, o/a porteiro/a, dentro da súa área de meta (definida reglamentariamente como área de 9 metros) e só en situación defensiva (cando o balón ven impulsado na última instancia por un xogador contrario).
• A intencionalidade do doble toque ou toque cos pés a decidirán os/as arbitrador@s. Se o golpeo realízase inintecionadamente coas pernas non será falta.
Se é toque intencionado -> saque de falta na banda.
Se non é intencionado o/a arbitrador/a gritará 'rebote, continuamos' e realizará un xesto coas mans indicando que continue o xogo.
• Os goles das nenas valerán dous puntos.
Prohibido:
Facer dobre toque.
Toque intencionado coas pernas ou pés.
Golpear o balón co puño pechado.
Retener, agarrar ou lanzar o balón cunha ou ambas as dúas mans.
Empurrar o coller ao adversario.
Non respectar as distancias nos saques.
Todas estas infraccións resólvense con falta: Todas as faltas execútanse con un saque efectuado polo equipo que a recibiu dende a línea de banda, do lugar máis próximo donde se produciu a infracción.
Saques:
De falta: sempre dende a línea de banda máis próxima á execución da falta.
Fóra dende la línea de banda: saque de banda
Fóra dende a línea do fondo: córner, o saque de porta dende o interior da línea de “puntitos” (só poden estar dentro a/o porteira/o e o/a lanzador/a)
Saque de centro: despois dun gol.
Saque do/a arbitrador/a ao comenzar o encontro e despois de xogo parado.
Todos os saques efectuaranse cun golpeo ao balón e os demais xogadores, obligatoriamente a 3 metros de distancia.
Non hai penaltys. Unha falta dentro do área, execútase igual que calquera outra.

Colpbol 18

Tempo de lecer

COLPBOL 18