TrasmonteFC

Liga ALIGA Estrella Galicia

Temporada Temporada 23/24

Categoría Sénior

Noticias ALIGA Estrella Galicia

O Coruxo asoballa ao gran Celta de Vigo

O conxunto verde garda un punto na casa moi importante fronte a un dos candidatos a gañar o campionato. Cun gol no 22' o Coruxo poñíase por diante ante o todopoderoso Celta de Vigo, que nos últimos minutos do encontro faría o empate no marcador.

Un DÉPOR que carbura

No encontro fronte ao Estradense o Deportivo consolidou unha victoria por 4-0 cun póker de goles de David Mella. O xogador do conxunto herculino anotou o último gol para sentenciar o partido no minuto 78 cun remate ao pau longo da portería do Estradense.

Un Compos que non comeza con bo pe

Despois da derrota desta xornada por 2-0 o Compos non comeza a liga como esperaba. Un equipo que debería loitar polos postos de Europa league comeza perdendo con goles nos minutos 12' e 14'con notábeis erros defensivos.

O Pontevedra quere o 1º posto

Unha sorpresa está sendo o equipo pontevedrés, que está a demostrar que merece máis que o que se lle esperaba para esta liga. O conxunto da costa está empatado a puntos co Deportivo e séguelle a pista dende moi preto.

Por fin chega a victoria

Despois de 4 xornadas de empates, o RC Celta de Vigo acada a tan ansiosa victoria fronte A UD Somozas por 1-2. Bo partido dos celestes que se refixeron a un temprano gol do Somozas no 29' de partido.

Victoria importante do Viveiro tamén, que o sitúa na zona alta da clasificación, despois dunha gran actuación no que se lle podería chamar o partido da xornada.

O Somozas escapa

Tras a sexta xornada de liga, e chgando á metade da competición, a UD Somozas intenta cumplir o obxectivo de manter a categoría e vai escapando dos postos de descenso coa victoria acadada por 1-2 fronte ó Racing Villalbés.

Sorpresa en Vilalba

Despois da victoria do Racing Villalbés por 2-0 remátase a sequía de derrotas para o equipo lucense. A zona de abaixo pouco se move, nesta xornada que reamata moi regular.

Pirmeiro punto do Arteixo

O conxunto coruñes logra o primeiro punto despois de 8 xornadas de sequía. Cun gol no minuto 63 poñían en táboas o encontro coa UD Somozas.

Outro partido que deixa novidade é o do Racing de Ferrol co Deportivo, que acaba en empate a 1-1, deixando ao Deportivo sen o 1º posto.

Encontros con moito fútbol

O Deportivo medíase nesta xornada contra o Pontevedra CF para loitar polo 1º posto, de onde saíu vencedor o Deportivo da Coruña.

O Atl. Arteixo quere seguir escapando dos postos de descenso coa victoria ante o UD Barbadás.

O Coruxo comeza a soñar con conference, se segue a gañar o conxunto vigués pode chegar a poñerse en postos de competicións extraordinarias.

Fuga de aire en Pontevedra

O conxunto Pontevedrés non consegui manter a racha de victorias e cae de novo nesta xornada, baixando ata o 4º posto.

A UD Barbadás e o CD Estradense perden unha oportunidade moi boa para igualarse cos equipos de metade de táboa para abaixo con un empate a 1-1, que supón manterse nos postos de descenso á liga INDITEX.